lunes, 18 de agosto de 2008

Falamos da obra "Con premeditación e aleivosía"

Sinopse:
Esta obra xira arredor dos problemas cotiáns da convivencia entre persoas do mesmo entorno e as súas desavenencias producto da falla de comunicación e entendemento.

A posta en escea da celebración dun xuízo como consecuencia da denuncia entre duas veciñas fai tamén unha crítica ao sistema xudicial nun caso concreto sobre esa circunstancia na que se ven envoltas varias persoas pertencentes á mesma comunidade veciñal.

Personaxes:
  • Denunciante
  • Denunciada
  • Xuíz
  • Avogado da defensa
  • Avogado da acusación
  • Testemuña 1
  • Testemuña 2
  • Xurado popular (que será o público presente na sala)