viernes, 30 de noviembre de 2012

O "Grupo de Teatro ASCM" actúa en Ferrol

A representación está enmarcada dentro das actividades do proxecto de AECOFE:“Ferrolterra 12: 12 días pola integración”

O Grupo de Teatro da Asociación Sociocultural “ASCM” actuará o vindeiro luns 3 de decembro a partir das 17:30 horas no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.

Este proxecto solidario ten como obxectivo recadar fondos en favor da nosa entidade e outras cinco entidades de diversidad funcional da comarca a través da organización dun partido solidario e un torneo de pádel.

A ASCM xa dispón de entradas á venda para o derbi solidario do día 5 de decembro, que enfrentará en A Malata ó Racing de Ferrol e ó Narón Balompé. O seu prezo é de 5 euros e poden adquirirse nos nosos locais de Ferrol e Narón.

Tamén informamos de que está aberta a inscripción para o torneo de pádel solidario que terá lugar os días 8 e 9 de decembro en A Malata.