lunes, 9 de noviembre de 2015

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM en Covas

O pasado sábado, o Grupo de Teatro da ASCM viaxaba a Covas para interpretar a obra de creación propia "Disparatada educación". Unha vez máis, o noso elenco de actores sacou a súa mellor versión para divertir ó público asistente. Aquí podedes ver algunhas imaxes da representación

miércoles, 21 de octubre de 2015

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM na Residencia de Maiores - Geriatros de Laraxe

Na tarde de onte, o Grupo de Teatro da ASCM representaba, no Centro de Maiores - Geriatros de Laraxe, a súa obra "Disparatada educación". Unha peza que transcorre nunha escola inclusiva do século XXI, no que se entremesturan os elementos do día a día dos nenos/as. Deixámosvos un resumo da obra e a merenda que nos ofreceron no Centro... Mil grazas, ¡así da gusto actuar!

lunes, 12 de octubre de 2015

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM no Centro de Maiores de Ares

O pasado venres o Centro de Maiores de Ares tiña unha visita moi especial, a do Grupo de Teatro ASCM, que chegaban para entreter a un público expectante. Nesta ocasión, o elenco de actores interpretou a obra, de creación propia, "Disparatada educación".

Dita peza teatral estreábase o pasado mes de maio no Centro de Maiores Geriatros de Narón. Aquí vos deixamos un resumo da actuación, na que o actor Fernando Silven interpretou o papel de profesor.

jueves, 25 de junio de 2015

Falamos da obra "Disparatada educación"

Sinopse:
A obra transcorre nunha escola inclusiva do século XXI, no que se entremesturan os elementos do día a día dos nenos/as. 

A través desta posta en escena se mostran as testemuñas dos alumnos/as no seu primeiro día de clase despois da volta das vacacións de verán e o comezo dun novo curso. Nesta obra quérese resaltar a importancia da educación e a seguridade vial, inculcando ós alumnos/as a súa importancia para evitar que se produzan novas discapacidades na estrada. 

Personaxes:
  • Profesora
  • Alumno 1
  • Alumno 2
  • Alumno 3
  • Alumno 4
  • Alumno 5
  • Alumno 6
  • Alumno 7
  • Alumno 8
  • Alumno 9
  • Alumno 10
  • Alumno 11
  • Alumno extra 1
  • Alumno extra 2
  • Señora da limpeza

miércoles, 27 de mayo de 2015

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM en Geriatros Narón

Na tarde de onte Geriatros Narón acollía a actuación do Grupo de Teatro da ASCM, que nesta ocasión interpretaba a súa obra "Disparatada educación". Os residentes disfrutaron dunha tarde do máis entretida con esta comedia de creación propia. Estas fotos dan unha boa mostra do ben que o pasamos.

lunes, 25 de mayo de 2015

O Grupo de Teatro da ASCM estrea nova obra

Se trata de una comedia de creación propia titulada “Disparatada Educación”.

El Grupo de Teatro de la Asociación Sociocultural “ASCM” estrenará mañana a las 17:30 horas en la Residencia Geriatros Narón (Luis Amado 10-12), una obra de teatro que ellos mismos han escrito y arreglado.
Esta primera representación supondrá el último gran ensayo general de cara a la participación del grupo en el ‘Certamen de Teatro Candilejas Don Bosco’ de A Coruña, donde actuará el próximo sábado 30 de mayo a las 12:00 horas. Ambas actuaciones son de entrada libre y gratuita.
Bajo el título de “Disparatada Educación”, la obra transcurre en un colegio inclusivo del siglo XXI, en el que se entremezclan los elementos del día a día de los niños y niñas. A través de esta puesta en escena se muestran los testimonios de los alumnos y alumnas en su primer día de clase después de las vacaciones de verano.
Se trata de una comedia desbordante de ingenio en la que resulta imposible aburrirse.
En la obra intervienen 13 personajes: 2 profesoras, 8 alumnos, 2 alumnos extra y una señora de la limpieza.


La Opinión 2 junio 2015

lunes, 30 de marzo de 2015

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM no Centro Cívico de Caranza

Na tarde de onte, o Grupo de Teatro ASCM facía rir ós asistentes á representación da obra "A familia Rufo", que tivo lugar no Centro Cívico de Caranza ás 19:00 horas.

Esta obra, de creación propia, trata sobre a convivencia dunha familia na que cada un dos seus membros ten unha personalidade un tanto peculiar. Aquí vos deixamos unas fotografías dalgún dos momentos que se viviron durante a representación teatral.

viernes, 27 de marzo de 2015

O Grupo de Teatro da ASCM representa... "Disparatada educación"

Este domingo non vos podedes perder a actuación do Grupo de Teatro da ASCM. Estaremos no Centro Cívico de Caranza ás 19:00 horas interpretando "A familia Rufo" ¡Estades todos convidados!


lunes, 12 de enero de 2015

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM no Pazo da Cultura de Narón

O pasado venres, o Grupo de Teatro da ASCM desplazouse ó Cafe Teatro Pazo da Cultura de Narón, onde fixeron rir ós espectadores coa interpretación da obra "A familia Rufo". Unha comedia do máis entretida que versa sobre a complexidade da convivencia entre os membros dunha familia con personalidades dispares. Deixámosvos un resumo en fotos do que deu de sí a tarde.