miércoles, 21 de octubre de 2015

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM na Residencia de Maiores - Geriatros de Laraxe

Na tarde de onte, o Grupo de Teatro da ASCM representaba, no Centro de Maiores - Geriatros de Laraxe, a súa obra "Disparatada educación". Unha peza que transcorre nunha escola inclusiva do século XXI, no que se entremesturan os elementos do día a día dos nenos/as. Deixámosvos un resumo da obra e a merenda que nos ofreceron no Centro... Mil grazas, ¡así da gusto actuar!

lunes, 12 de octubre de 2015

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM no Centro de Maiores de Ares

O pasado venres o Centro de Maiores de Ares tiña unha visita moi especial, a do Grupo de Teatro ASCM, que chegaban para entreter a un público expectante. Nesta ocasión, o elenco de actores interpretou a obra, de creación propia, "Disparatada educación".

Dita peza teatral estreábase o pasado mes de maio no Centro de Maiores Geriatros de Narón. Aquí vos deixamos un resumo da actuación, na que o actor Fernando Silven interpretou o papel de profesor.