miércoles, 14 de octubre de 2020

Teatro- foro para reflexionar sobre discapacidad de forma segura en tiempos de pandemia

 La ASCM presenta la iniciativa Actúa, una obra teatral 100% virtual, para apostar por la cultura segura



                                                                                Trailer de la iniciativa ACTÚA.


 La Asociación Sociocultural ASCM y su grupo de Teatro Inclusivo presentan la iniciativa Actúa, una obra de teatro-foro ensayada y filmada por los integrantes de la agrupación, desde sus casas, de manera 100% telemática. El resultado ha sido montado en una original pieza audiovisual y su proyección puede ser solicitada por centros educativos, sociales, cívicos, etc. La temática es transversal a cuestiones de candente actualidad, desde la Ruta Xacobea hasta el cambio climático; pasando por la situación de la mujer con discapacidad en la sociedad.

El grupo de teatro inclusivo de ASCM no se ha frenado ante la pandemia y ha querido trabajar para ofrecer una alternativa cultural segura en esta temporada. Bajo la dirección de Eugenia Sanmartín y con la financiación de Iniciativa Xove, de la Xunta de Galicia, nacía Actúa. Un proyecto de teatro- foro en el que los integrantes del grupo han trabajado desde sus casas, a través de ejercicios telemáticos y videollamadas. El resultado final es una pieza audiovisual que invita a la reflexión y participación de un espectador que pasa a formar parte del propio elenco, fomentando la interactividad en la obra.

Este año no veremos al grupo de teatro de ASCM sobre las tablas del escenario, no obstante podremos seguirlos de cerca a través de la pantalla. A la pieza audiovisual se suma la posibilidad de realizar un coloquio telemático con el grupo teatral y su directora, acceso a material didáctico, etc. Toda asociación vecinal, centro educativo, social o cívico que desee formar parte de la experiencia ACTÚA, podrá solicitarlo en el teléfono 981 35 14 30 o en el mail ascm.ferrol@ascmferrol.com.


Repercusión en medios:


miércoles, 23 de septiembre de 2020

ACTÚA: unha iniciativa teatral para reflexionar e participar da arte

  • O grupo de Teatro de ASCM está a desenvolver unha iniciativa teatral moi novidosa que se difundirá de xeito virtual. 


A cultura é fundamental e isto é algo que, o grupo de teatro inclusivo da ASCM, tivo claro dende o comezo da pandemia. Así nace ACTÚA. Unha iniciativa teatral moi vencellada ao teatro foro e ao microteatro. O grupo está a traballar no guion de xeito virtual, para evitar riscos de contaxio. Ademáis,  a posta e en escea será tamén de xeito virtual. Os centros sociais e educativos poderán contactar coa entidade para abordar a discapacidade desde o arte, de modo seguro.

A obra terá soporte virtual e fomentará a reflexión e a didáctica sobre a discapacidade, sen necesidade de saír das aulas. ACTÚA procura adaptar o teatro inclusivo aos novos tempos, favorecendo a interacción e facendo uso das novas plataformas. Este grupo de teatro está formado por persoas con e sen discapacidade, guiadas pola artista fenesa, Eugenia Sanmartín.

Esta novidosa iniciativa conta có financiamento do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia e está enfocada ao público mozo, se ben coma todas a as actividades de ASCM goza de clara perspectiva interxeneracional. O feito de dixitalizar as representacións amplía o radio de acción a toda a nosa Comunidade Autónoma.


Se és un centro educativo ou social e queres saber máis da iniciativa e de como incorporar ACTÚA  no teu programa de actividades, podes contactar con ASCM no 981 35 14 30 ou no mail ascm.ferrol@ascmferrol.com.

viernes, 27 de marzo de 2020

O grupo de Teatro de ASCM súmase ao Reto de Eugenia Sanmartín polo Día Mundial do Teatro



  • A profesora do Grupo de Teatro da ASCM, Eugenia Sanmartín, propón un reto para chear as redes de teatro no Día Mundial do Teatro.

Cada 27 de marzo célebrase o Día Mundial do Teatro. Unha data moi especial para o grupo de teatro da ASCM que, desde a súa fundación en 2010, traballa arreo para acadar a plena inclusión no mundo da cultura. Neste confinamento, provocado pola expansión da pandemia do coronavirus, ASCM non quere deixar de celebrar esta data. 

A profesora do Grupo de Teatro ASCM, Eugenia Sanmartín, inicia este reto para tratar de inundar de teatro os fogares e as redes sociais. Margarida, unha amiga moi especial de Eugenia, enviou un vídeo no que están tódalas indicacións para participar. É moi doado. Só tedes:

  • Grava un vídeo só/a ou cunha persoa da túa familia; interpretando a unha personaxe que non sexas ti mesmo. Improvisa. O vídeo deberá durar arredor de 2 minutos.
  • Ao final do vídeo manda abrazos a Margarida, Eugenia e a xentiña do grupo de teatro de ASCM.
  • Comparte o vídeo nas túas redes; etiquetando a @ASCM_Galicia e usando o #TeatroASCM ou se o prefires envía o vídeo ao mail comunicacionascm@gmail.com

Deixamos a fermosa mensaxe de Margarida:



Non dúbides en participar. Desde casa tamén podemos facer teatro. As cortiñas coma telón de fondo e todas e todos seguindo o noso papel de quedarnos en casa. A representación sairá ben. De seguro. Estes son algúns dos pequenos vídeos que mandaron diferentes persoas que se sumaron ao reto:


  • Marcela celebra o Día Mundial do Teatro:



  • A adolescente cool Antía celebra o Día Mundial do Teatro:
  • Paula, nai teletraballadora, celebra o Día Mundial do Teatro:
  • Manolo e a súa moza celebran o Día Mundial do Teatro:
  • Mari Carmen celebra connosco o Día Mundial do Teatro:
  • Josito celebra o Día Mundial do Teatro:

  • O gamer Play Boy celebra o Día Mundial do Teatro:
  • Marcela volve á carga, esta vez, makeada para a ocasión:



  • Até noutras Galaxias queren participar do reto de ASCM:

  • Alegre dúo celebra o Día Mundial do Teatro:








Feliz Día Mundial do Teatro!