miércoles, 28 de abril de 2021

ASCM presentará o seu proxecto educativo de teatro foro nun evento semipresencial na Agrupación Instrutiva de Caamouco

 O acto, que require de inscrición previa para as persoas que asistan de xeito presencial, será emitido desde as instalacións da Agrupación Instrutiva de Caamouco, o día de maio a partir das 11:30 h.

A Asociación Sociocultural ASCM presentará, o vindeiro sábado 8 de maio ás 11.30 h., a súa proposta educativa de teatro-foro; aproveitando, asimesmo, a data para conmemorar o Día Nacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o 3 de maio. O evento de carácter semipresencial, que terá lugar nas instalacións da Agrupación Instrutiva de Caamouco, contará cun aforo reducido de público e poderá ser seguido de xeito virtual, en aberto, a través do Facebook da entidade.


 O grupo de teatro inclusivo da ASCM, dirixido pola artista Eugenia Sanmartín, traballou arreo durante toda a pandemia nunha fórmula de teatro social que convida á reflexión e á participación activa dun público que pasa a tomar parte da narrativa da obra. A entidade busca, con este acto, presentar á comunidade escolar unha guía didáctica coa que o estudantado poderá traballar cuestiones chave, en materia de educación en valores, dun xeito innovador e seguro. Unha oportunidade única para conmemorar o Día Nacional das Persoas con discapacidade; retomando certa normalidade no seo da agrupación de teatro da ASCM. Un grupo moi diverso, constituído por persoas con e sen discapacidade, que reivindicarán a inclusión a través de sketches de situacións da nosa vida cotiá; convidando a reflexionar sobre cuestións de vital importancia para todas e todos. 


Tódalas persoas interesadas en asistir de xeito presencial, deberán formalizar a súa participación a través do seguinte formulario de inscrición: Acto Teatro-Foro ASCMCaamouco e facelo antes do día 6 de maio ás 14.00 h. En simultáneo, o acto poderá ser seguido vía streaming, en aberto, a través do Facebook da entidade: www.facebook.com/AscmGalicia


Repercusión en medios: