miércoles, 10 de noviembre de 2010

Éxito de participación na representación do Grupo de Teatro ASCM "A familia Rufo" que actuou onte na residencia Geriatros

A próxima actuación será o sábado 13, na Asociación Alianza Aresana ás 19:45 horas da tarde

Nova actuación do Grupo de Teatro da Asociación Sociocultural ASCM. Se fai unha semana, actuaban no Centro de Maiores de Narón, onte facíano na Residencia “Geriatros”, ubicada no barrio de Esteiro (Ferrol).

Neste caso, o grupo teatral representou a obra “Con Premeditación e Aleivosía”, unha obra na que o seu argumento se centra no día a día dunha familia na que conviven diferentes membros, cada un cunha personalidade distinta. Así, podémonos atopar coa avoa Manola que padece principios de Alzheimer, o avó Rufo afectado de Parkinson, unha neta con síntomas de anorexia…… será unha convivencia problemática na que se reflexan incomprensións, egoísmos…etc. 

A actuación contou cun gran respaldo do público, enchendo a sala do centro Geriatros. 

O grupo de “Teatro ASCM”, nacía no ano 2006 e está dirixido por Paco Sanesteban. No 2007, realizaban a súa primeira actuación fora de la entidade e, desde entón, actuaron en varias asociacións de veciños, centros de maiores e colexios da comarca, superando a treintena de actuacións. 

A próxima interpretación da compañía, será o vindeiro sábado, 13 de novembro ás 19:45 horas da tarde, na Alianza Aresana, onde de novo se representará “Con Premeditación e Aleivosía”.

viernes, 5 de noviembre de 2010

O grupo de teatro da ASCM, representa "Con Premeditación e Aleivosía" no Centro de maiores "Manuela Pérez Sequeiros"



Más de 30 representaciones teatrales ha realizado el grupo de teatro desde que se creó en el 2007

FERROL, 5 DE NOVIEMBRE DE 2010. Nueva actuación del grupo de teatro de la Asociación Sociocultural de Minusválidos.
Ayer por la tarde, la compañía actuaba en el Centro Comunitario “Manuela Pérez Sequeiros” con la representación de la obra “Con premeditación e Aleivosía”.
“Con premeditación e Aleivosía” es una obra con un marcado tono irónico que gira entorno a un juicio entre vecinos, donde el espectador interactuará con la obra, ya que formará parte del jurado popular de la representación teatral.
El grupo de “Teatro ASCM”, nacía en el año 2006 y está dirigido por Paco Sanesteban. En el 2007, realizaban su primera actuación fuera de la entidad, y desde entonces han actuado en varias asociaciones de vecinos, centro de mayores y colegios de la comarca, superando la treintena de actuaciones.
La próxima actuación de la compañía, será el próximo 9 de noviembre, en la Residencia Geriatros de Esteiro a las seis de la tarde, donde representarán la obra “A Familia Rufo”.

domingo, 10 de octubre de 2010

Teatro en el local de Lago

 


Publicado por La Voz de Galicia, el 10/10/2010

sábado, 9 de octubre de 2010

viernes, 8 de octubre de 2010

O grupo de Teatro da ASCM participa este fin de semana na II Mostra Emilia Pardo Bazán que se celebra en Lago

A iniciativa, promovida pola Asociación “Os Amigos” de Valdoviño e a A.V.V de Lago, pretende mostrar que o teatro é un arte que non ten fronteiras 

Os veciños de Lago organizaron por segundo ano consecutivo a Mostra de Teatro Emilia Pardo Bazán, que se desenrolará durante todo o mes de outubro no local social de Lago.

A mostra, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, inclúe a actuación de catro compañías teatrais: A Pombiña de Pedroso, o grupo N+1 que dirixe Fusa Guillén, o grupo de teatro de la ASCM e Arco Iris de Lago. 

O ciclo teatral comezaba o pasado fin de semana coa representación dos veciños de Narón. Este domingo, 10 de outubro, será o turno para o grupo da Asociación Sociocultural ASCM, que representará a obra “A familia Rufo”. 

O grupo de “Teatro ASCM”, nacía no ano 2006 e está dirixido por Paco Sanesteban. Desde o 2007 actuaron en varias asociacións de veciños, centros de maiores e colexios da comarca. 

O domingo 17 será o turno para o grupo de Fusa Guillén, e cerrarán o ciclo os promotores do evento. 

Segundo a entidad veciñal de Lago, o objetivo desta mostra, é acercar o teatro á xente e demostrar que o teatro non ten fronteiras. 

Cabe sinalar, que tódalas obras se representarán os domingos, ás seis da tarde no local social de Lago. 

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Falamos da obra "Así era eu, e así me foi"

Sinopse:
Os accidentes de tráfico e as súas consecuencias, unha das causas máis frecuentes das grandes discapacidades sobrevenidas.

Esta obra trata de amosar os problemas viales cos que as persoas con discapacidade poden atoparse na súa relación co entorno, ademáis de resaltar as capacidades das persoas con discapacidade plantexando contidos relacionados coa concienciación e a sensibilización que promovan un cambio de actitudes relacionadas co tráfico e a seguridade vial.

Personaxes:
  • Monitor de autoescola
  • Alumno 1
  • Alumno 2
  • Alumno 3
  • Alumno 4
  • Nai 1 e Amiga
  • Nai 2 e Fillo
  • Enfermeira e eivado
  • Garda de Tráfico