jueves, 23 de junio de 2016

O Certame Candilejas Don Bosco elixe a cinco actores do Grupo de Teatro ASCM como destacados


 Onte, ás 20:30 horas, comezaba no Teatro Colón o acto de entrega de premios do XIX Certame Candilejas Don Bosco cun grande éxito de asistencia.

Alí acudiu unha representación do elenco de actores do Grupo de Teatro ASCM disposto a recoller os diplomas conmemorativos e, se cadra, algún recoñecemento pola obra coa que participaban no certame, "El Secreto de la Cueva". E así foi, José Cagiao (subastador), Cristina Naveiras (primeira muller), Elena Fernández (segunda muller), Rebeca Ogando (terceira muller) e Noemi González (voz en off) recibían o recoñecemento de "actores destacados" no seu diploma. Noraboa rapaces!!

Aquí vos deixamos un recopilatorio fotográfico do acto.

martes, 21 de junio de 2016

O Grupo de Teatro ASCM asistirá á entrega de premios do Certame de Teatro Candilejas Don Bosco

Mañá, ás 20:30 horas no Teatro Colón, terá lugar a entrega de premios do XIX Certame de Teatro Escolar e Afeccionado Candilejas Don Bosco, nas categorías Cadete, Xuvenil e Senior e, como non podía ser doutro xeito, os actores da ASCM estarán na gala.

O Grupo de Teatro ASCM participaba nesta edición do Certame Candilejas Don Bosco o pasado 11 de xuño, coa representación da obra "El Secreto de la Cueva", unha peza teatral de creación propia que fixo rir e pasar un bo rato ó publico asistente.

Desexámoslles moita sorte ós nosos actores e a ver se teñen sorte de apañar algún premio ;)

viernes, 10 de junio de 2016

O Grupo de Teatro ASCM actuará, mañá, no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado Candilejas Don Bosco

Mañá, ás 12:30 horas, o Grupo de Teatro ASCM representará "El Secreto de la Cueva" no XIX Certame de Teatro Escolar e Afeccionado Candilejas Don Bosco, de entrada libre e gratuíta.

A obra transcorre na Galería Ferrolterra, onde ten lugar unha poxa moi especial, na que non faltarán enredos pola venda dun cadro que leva por título “El Secreto de la Cueva”, da pintora galega Rosi Loló. Dito cadro é a peza esencial sobre a que xira esta comedia chea de intrigas que se resolverán coa chegada de D. Chicharrón Júnior, quen explicará a súa verdadeira orixe.

Esta peza teatral, onde interveñen 9 actores, é unha inxeniosa comedia coa que resulta imposible aburrirse. Esperámosvos alí ;)

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM en Geriatros Narón

O Grupo de Teatro da ASCM interpretou onte, en Geriatros Narón, a súa nova obra "El Secreto de la Cueva". Os residentes pasaron un rato do máis entretido con esta comedia de creación propia e boa mostra disto son as fotografías que compartimos a continuación...

 

jueves, 9 de junio de 2016

Esta tarde o grupo de Teatro da ASCM actuará en Geriatros Narón

Esta tarde, ás 18:00 horas, o Grupo de Teatro ASCM representará a súa nova obra, "El Secreto de la Cueva" en Geriatros Narón.

Non vos perdades esta comedia chea de enredos na que a subasta dun cadro desencadenará máis dunha disputa entre as personaxes, ata que se descubra a súa verdadeira orixe...

Os ensaios desta obra comezaban xa o pasado mes de setembro e, tralas dúas representacións previas (na Asociación Nuestra Señora de Chamorro e Geriatros Ferrol), estamos convencidos de que os actores farán, de novo, un moi bo traballo.

A entrada é libre e gratuita, así que non vos perdades esta comedia desbordante de inxenio que vos fará pasar un moi bo rato!!

Unha pista máis sobre "El Secreto de la Cueva"... Queredes coñecer o cadro en torno ó que xira esta obra??? Pois aquí o tedes...


jueves, 2 de junio de 2016

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM en Geriatros Ferrol

Mañá, ás 18:00 horas, o Grupo de Teatro ASCM, fará rir ó público de Geriatros Ferrol coa representación da súa nova peza teatral "El Secreto de la Cueva".

Esta obra, de guión adaptado, trata sobre unha subasta na que os seus membros manterán máis dunha disputa por mor dun cadro. 

Non vos perdades esta comedia con grandes doses de intriga, que representarán 9 actores da ASCM que levan desde o pasado mes de setembro ensaiando.

Esta representación é a segunda da tempada, trala súa estrea na Asociación Nuestra Señora de Chamorro o pasado día 18 de maio. 

A entrada é libre e gratuita, así que non vos perdades esta magnífica comedia que vos fará pasar un moi bo rato!!

Fotografía do elenco de actores de "El Secreto de la Cueva"