O grupo de teatro da Asociación Sociocultural ASCM celebra o Día Mundial do Teatro cun vídeo
O grupo de teatro inclusivo da Asociación Sociocultural ASCM celebra o Día Mundial do Teatro, a pesares da pandemia. Desde a entidade quixeron reflexionar sobre o significado do teatro, a través das persoas que compoñen a agrupación.
A Asociación Sociocultural ASCM traballa arreo para acadar unha auténtica cultura inclusiva.