lunes, 30 de marzo de 2015

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM no Centro Cívico de Caranza

Na tarde de onte, o Grupo de Teatro ASCM facía rir ós asistentes á representación da obra "A familia Rufo", que tivo lugar no Centro Cívico de Caranza ás 19:00 horas.

Esta obra, de creación propia, trata sobre a convivencia dunha familia na que cada un dos seus membros ten unha personalidade un tanto peculiar. Aquí vos deixamos unas fotografías dalgún dos momentos que se viviron durante a representación teatral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario