miércoles, 23 de septiembre de 2020

ACTÚA: unha iniciativa teatral para reflexionar e participar da arte

  • O grupo de Teatro de ASCM está a desenvolver unha iniciativa teatral moi novidosa que se difundirá de xeito virtual. 


A cultura é fundamental e isto é algo que, o grupo de teatro inclusivo da ASCM, tivo claro dende o comezo da pandemia. Así nace ACTÚA. Unha iniciativa teatral moi vencellada ao teatro foro e ao microteatro. O grupo está a traballar no guion de xeito virtual, para evitar riscos de contaxio. Ademáis,  a posta e en escea será tamén de xeito virtual. Os centros sociais e educativos poderán contactar coa entidade para abordar a discapacidade desde o arte, de modo seguro.

A obra terá soporte virtual e fomentará a reflexión e a didáctica sobre a discapacidade, sen necesidade de saír das aulas. ACTÚA procura adaptar o teatro inclusivo aos novos tempos, favorecendo a interacción e facendo uso das novas plataformas. Este grupo de teatro está formado por persoas con e sen discapacidade, guiadas pola artista fenesa, Eugenia Sanmartín.

Esta novidosa iniciativa conta có financiamento do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia e está enfocada ao público mozo, se ben coma todas a as actividades de ASCM goza de clara perspectiva interxeneracional. O feito de dixitalizar as representacións amplía o radio de acción a toda a nosa Comunidade Autónoma.


Se és un centro educativo ou social e queres saber máis da iniciativa e de como incorporar ACTÚA  no teu programa de actividades, podes contactar con ASCM no 981 35 14 30 ou no mail ascm.ferrol@ascmferrol.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario