martes, 18 de mayo de 2021

ASCM continua o seu proxecto educativo de teatro-foro

  O acto telematico co colexio CEIP Santa Maria do Castro de Boiro.




Na Asociación Sociocultural ASCM realizamos hoxe unhas xornadas co centro CEIP Santa Maria do Castro de Boiro, sobre a nosa guía didáctica de Teatro-Foro.

Con esta xornada queremos transmitir valores e achegar aos máis novos a unha cultura moito máis inclusiva.

Co Teatro Foro non busca dar unha solución ao problema, busca xerar ferramentas para expresar distintas opcións e puntos de vista, experimentar e dialogar e xerar así conciencia e cambio.


Esta obra "Eu tamén teño dereito..." nace a través de sesións de tormenta de ideas co grupo de teatro da ASCM. Recolléronse así situacións cotiás que revelan a discriminación que os propios actores teñen vivido.

Con este traballo queremos denunciar a "opresión" que de xeito cotiá, normalizado, sofren as persoas con discapacidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario