Trátase dunha comedia de creación propia na que o público interactúa cos actores e participa na obra
O Grupo de Teatro da Asociación Sociocultural “ASCM” estreará este domingo na Asociación de Veciños "Virxe de Fátima" de Narón, unha obra de teatro que eles mesmos escribiron e arreglaron. A entrada é libre e gratuita.
Esta obra xira arredor dos problemas cotiáns da convivencia entre persoas do mesmo entorno e as súas desavenencias producto da falla de comunicación e entendemento.
A posta en escea da celebración dun xuízo como consecuencia da denuncia entre dúas veciñas fai tamén unha crítica ó sistema xudicial nun caso concreto sobre esa circunstancia na que se ven envoltas varias persoas pertencentes á mesma comunidade veciñal.
“Con premeditación e Aleivosía” é unha obra cun marcado tono irónico que xira entorno a un xuizo entre veciños, onde o espectador interactuará coa obra, xa que formará parte do xurado popular da representación teatral.
Na obra interveñen 8 personaxes: un denunciante, unha denunciada, o xuiz, os avogados da defensa e a acusación, dúas testemuñas e o xurado popular (que será o público presente na sala).
No hay comentarios:
Publicar un comentario