miércoles, 10 de noviembre de 2010

Éxito de participación na representación do Grupo de Teatro ASCM "A familia Rufo" que actuou onte na residencia Geriatros

A próxima actuación será o sábado 13, na Asociación Alianza Aresana ás 19:45 horas da tarde

Nova actuación do Grupo de Teatro da Asociación Sociocultural ASCM. Se fai unha semana, actuaban no Centro de Maiores de Narón, onte facíano na Residencia “Geriatros”, ubicada no barrio de Esteiro (Ferrol).

Neste caso, o grupo teatral representou a obra “Con Premeditación e Aleivosía”, unha obra na que o seu argumento se centra no día a día dunha familia na que conviven diferentes membros, cada un cunha personalidade distinta. Así, podémonos atopar coa avoa Manola que padece principios de Alzheimer, o avó Rufo afectado de Parkinson, unha neta con síntomas de anorexia…… será unha convivencia problemática na que se reflexan incomprensións, egoísmos…etc. 

A actuación contou cun gran respaldo do público, enchendo a sala do centro Geriatros. 

O grupo de “Teatro ASCM”, nacía no ano 2006 e está dirixido por Paco Sanesteban. No 2007, realizaban a súa primeira actuación fora de la entidade e, desde entón, actuaron en varias asociacións de veciños, centros de maiores e colexios da comarca, superando a treintena de actuacións. 

A próxima interpretación da compañía, será o vindeiro sábado, 13 de novembro ás 19:45 horas da tarde, na Alianza Aresana, onde de novo se representará “Con Premeditación e Aleivosía”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario