O pasado venres o Centro de Maiores de Ares tiña unha visita moi especial, a do Grupo de Teatro ASCM, que chegaban para entreter a un público expectante. Nesta ocasión, o elenco de actores interpretou a obra, de creación propia, "Disparatada educación".
Dita peza teatral estreábase o pasado mes de maio no Centro de Maiores Geriatros de Narón. Aquí vos deixamos un resumo da actuación, na que o actor Fernando Silven interpretou o papel de profesor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario