Esta tarde, ás 15:30 horas, o Grupo de Teatro da ASCM estrea na Asociación Nuestra Señora de Chamorro a súa nova obra "El Secreto de la Cueva", unha peza teatral adaptada con grandes doses de humor e intriga.
Esta representación será a primeira da tempada e a ela seguiranlle as de Geriatros Ferrol (3 de xuño), Geriatros Narón (9 de xuño) e o "Certame de Teatro Candilejas Don Bosco" de A Coruña (11 de xuño).
Os ensaios da obra "El Secreto de la Cueva", que estará representada por 10 actores, arrancaban xa o pasado mes de setembro, polo que estamos seguros de que a estrea sairá perfecta.
A entrada é libre e gratuita, así que non vos perdades esta comedia desbordante de inxenio que vos fará pasar un moi bo rato!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario