- A profesora do Grupo de Teatro da ASCM, Eugenia Sanmartín, propón un reto para chear as redes de teatro no Día Mundial do Teatro.
Cada 27 de marzo célebrase o Día Mundial do Teatro. Unha data moi especial para o grupo de teatro da ASCM que, desde a súa fundación en 2010, traballa arreo para acadar a plena inclusión no mundo da cultura. Neste confinamento, provocado pola expansión da pandemia do coronavirus, ASCM non quere deixar de celebrar esta data.
A profesora do Grupo de Teatro ASCM, Eugenia Sanmartín, inicia este reto para tratar de inundar de teatro os fogares e as redes sociais. Margarida, unha amiga moi especial de Eugenia, enviou un vídeo no que están tódalas indicacións para participar. É moi doado. Só tedes:
- Grava un vídeo só/a ou cunha persoa da túa familia; interpretando a unha personaxe que non sexas ti mesmo. Improvisa. O vídeo deberá durar arredor de 2 minutos.
- Ao final do vídeo manda abrazos a Margarida, Eugenia e a xentiña do grupo de teatro de ASCM.
- Comparte o vídeo nas túas redes; etiquetando a @ASCM_Galicia e usando o #TeatroASCM ou se o prefires envía o vídeo ao mail comunicacionascm@gmail.com
Deixamos a fermosa mensaxe de Margarida:
Non dúbides en participar. Desde casa tamén podemos facer teatro. As cortiñas coma telón de fondo e todas e todos seguindo o noso papel de quedarnos en casa. A representación sairá ben. De seguro. Estes son algúns dos pequenos vídeos que mandaron diferentes persoas que se sumaron ao reto:
- Marcela celebra o Día Mundial do Teatro:
- A adolescente cool Antía celebra o Día Mundial do Teatro:
- Paula, nai teletraballadora, celebra o Día Mundial do Teatro:
- Manolo e a súa moza celebran o Día Mundial do Teatro:
- Mari Carmen celebra connosco o Día Mundial do Teatro:
- Josito celebra o Día Mundial do Teatro:
- O gamer Play Boy celebra o Día Mundial do Teatro:
- Marcela volve á carga, esta vez, makeada para a ocasión:
- Até noutras Galaxias queren participar do reto de ASCM:
- Alegre dúo celebra o Día Mundial do Teatro:
Feliz Día Mundial do Teatro!
Sois los mejores!! No me puede gustar más!! Olé olé y olé, viva mis compris. #siempreconlaASCM
ResponderEliminar