miércoles, 15 de abril de 2009

A Asociación Sociocultural de Minusválidos representa mañá dúas obras de teatro aficionado no Centro de Maiores

 A Concellería de Persoas Maiores de Narón, dirixida por Mª del Carmen Espada, representará dúas obras teatrais en colaboración co grupo de teatro aficionado da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM), no Centro Municipal de Atención ás Persoas Maiores.


As representacións terán lugar mañá xoves pola tarde, a partires das 17:00 horas. As obras elexidas son “ A familia Rufo” (de 45 minutos de duración) e “Con premeditación e alevosía” (de 15 minutos de duración). A primeira delas é un drama que fai reflexionar sobre as persoas da terceira idade e a discapacidade, dentro do ámbito familiar. A segunda peza é unha comedia na que unha confrontación entre dúas veciñas remata nos tribunais a causa dun sacho. Esta obra trata das relacións sociais entre persoas cercanas e os problemas dunha mala comunicación.

Trala representacións das obras teatrais, haberá un coloquio co público asistente no que se analizarán as pezas co fin de intercambiar impresións sobre os temas interpretados e a súa posta en escea.

O grupo de teatro da ASCM nace no ano 2006 e fai a primeira representación en abril do 2007. Dende entón, xa actuaron en máis dunha ducia de ocasións en diferentes entidades da comarca, sempre de xeito gratuito. Este grupo está formado por 12 persoas con discapacidade, aficionadas ao teatro e que queren demostrar a súa valía transmitindo os valores do respeto e a solidariedade.

O director deste grupo, Paco Sanesteban, xa ten experiencia no mundo artístico e en actividades con persoas discapacitadas. O ensaio das dúas pezas teatrais que se representarán mañá foi todo un reto para o grupo de teatro da ASCM, que acadou un resultado sorprendente para todos/as.

Gabinete de Comunicación do Concello de Narón, 15 de Abril de 2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario